Contaxiar Solidariedade en tempos de COVID.
O COVID19 deixou unha triste estampa nas nosas cidades, a de comercios pechados e coas súas persianas baixadas por culpa da crise económica que seguiu á pandemia. Pero durante o mes de marzo 5 comercios volveron a levantar as súas persianas para unirse a Mans Unidas na súa campaña para contaxiar solidariedade e vencer xuntos á pandemia esquecida da fame.
Os propietarios cederon os seus escaparates para permitir achegar o traballo que realiza Mans Unidas en favor da muller, da infancia, dos proxectos na India e polo dereito á alimentación.
Á iniciativa sumáronse un grupo de alumnas de Bacharelato do IES Rosalía de Castro, deseñando e decorando o local situado en Xeneral Pardiñas nº 2, visualizando a inxustiza da fame.
A este local engádense os situados na R/Caldeiraría 33, o de República do Salvador 23, as portas do actualmente pechado Hotel Nest Style en R/ Doutor Teixeiro 15 ou o local onde estivo a emblemática Papelería Compostela nas Cinco Cales en Santiago de Compostela e Rúa do Comercio e Oviedo Arce de Noia.
Desde Mans Unidas valoran esta actividade moi positivamente porque permite achegar a realidade das persoas máis desfavorecidas á nosa sociedade, dentro do marco inmellorable do comercio da cidade, e demostrando que xuntos podemos acabar coa inxustiza, contaxiando solidariedade.
Escaparates Solidarios de Mans Unidas Santiago de Compostela.