VI Certame de Tarxetas Do Nadal:
“Nadal Solidario”
Dirixido ao alumnado de todos os centros de Educación Primaria e nenos/as de catequese.
Con este concurso búscase que os nosos nenos e nenas imaxinen como poden celebrar o Nadal outros nenos,
menos afortunados, que viven en países empobrecidos.
Para isto entregarase a cada participante unha ficha na que deberá debuxar, no espazo enmarcado, a súa
POSTAL e escribir debaixo unha MENSAXE DE NADAL.
Valoraranse os seguintes aspectos:
1) Alusión ao Nadal en ditos países.
2) Referencia a Manos Unidas, Campaña contra a Fame.
3) Valor estético e pictórico.
O concurso realizarase en dúas categorías:
• 1º Categoría. Nenos/as de 1º, 2º e 3º de Primaria
• 2º Categoría: Nenos/as de 4º, 5º e 6º de Primaria
Un xurado seleccionará tres tarxetas da primeira categoría e tres da segunda como premiados.
Os traballos realizados deberán enviarse fotografiados ou escaneados, xunto á autorización, antes do día
18 de decembro, a: santiago@manosunidas.org
Todas as tarxetas expoñeranse na web: www.manosunidas.org/delegacion/santiago-compostela
e no Facebook: Manos Unidas - Santiago de Compostela ONGD
a partir da súa recepción
Os traballos premiados publicaranse o 23 de decembro na páxina web e no Facebook
A ENTREGA DE PREMIOS LEVARASE A CABO NOS PROPIOS CENTROS
AO REGRESO DAS VACACIÓNS.