Desde Manos Unidas, co mecenado da Fundación Barrié e a colaboración da Universidade de Santiago de Compostela e o Concello de Santiago de Compostela, convidámovos a visitar a exposición se Siro López, titulada "Arte e Solidaridade", que permanecerá aberta ó público do 5 ao 25 de novembro no Pazo de Fonseca.
Siro López é licenciado en Teoloxía e artista polifacético que conxuga a pintura, o diseño, a fotografía, o teatro, o mimo e a danza.
Esta exposición de pintura ten, ademais da súa calidade artística, un carácter didáctico e educativo. A temática central versa sobre os dereitos humanos.
O autor utiliza diversidade de técnicas e materiais: lapis, bolígrafo, graffiti, aerógrafo, colaxe, etc. Catalogáselle dentro do “Realismo conceptual”. Mestura o realismo das súas pinturas coa instalación e ensamblaxe de materiais de refugallo recollidos en diversidade de contextos.