O día de 18 de abril, ás 12 horas, tivo lugar unha charla cos alumnos do Master de Economía Solidaria na Facultade de Dereito da Universidad de Santiago de compostela.
Nela, a voluntaria do Dpto. de Educación para o Desenvolvemento, María Potel, e a Delegada de Manos Unidas Santiago, Mª José Fernández-Cervera, falaron cos asistentes de diversos asuntos que afectan a Manos Unidas no ambito da Soberanía Alimentaria. Falouse da Identidade de Manos Unidas e a sua labor de sensibilización en proxectos de Educación Para o desenvolvemento e aproveitouse para presentar o proxecto que Manos Unidas leva a cabo en Esmerladas, Ecuador, que garda relación co tema da soberanía alimentaria, tema da campaña deste ano 2016.