INAUGURACIÓN DA EXPOSICIÓN "ARTE E SOLIDARIEDADE", DO ARTISTA SIRO LÓPEZ, EN SANTIAGO DE COMPOSTELA
Manos Unidas - Santiago inaugurou o luns, 5 de novembro, no Pazo de Fonseca a exposición "Arte e Solidariedade", do autor Siro López. A exposición conta co mecenado da Fundación Barrie, e a colaboración da Universidade de Santiago de Compostela e o Concello de Santiago de Compostela.
No acto estiveron presentes a Vicepresidenta da Fundación Barrie, Pilar Romero Vázquez-Gulías, a Vicerreitora de Estudantes, Cultura e Responsabilidade social, Mª Dolores Álvarez, o Concelleiro de Educación, Manuel Dios Diz, a Presidenta-Delegada de Manos Unidas-Santiago, Mª José Fernandez-Cervera Barreras e o autor da exposición Siro López.
Ao acto acudiron medios de comunicación con presenza na cidade de Santiago.
A exposición permanecerá aberta, ata o 28 de novembro en horario de luns a sábado pola mañá, de 11.30 a 14.00 horas, e pola tarde, de 17 a 20:30 horas.