A Rede Galega en Apoio ás Persoas Refuxiadas convocou o pasado sábado 23 de abril en Santiago de Compostela o seu primeiro acto público, unha manifestación baixo o lema “Rachemos coas Fronteiras, Non ás Guerras”. A manifestación, que partiu ás 13:00 horas da Praza Roxa, para acabar na Praza 8 de Marzo, foi secundada por centos de persoas que se mobilizaron en defensa dos dereitos das persoas refuxiadas. Pola tarde na mesma Praza 8 de Marzo tivo lugar unha gala solidaria organizada por Refuxiadas Compostela.
A Rede Galega en Apoio ás Persoas Refuxiadas é unha plataforma formada por máis de 45 colectivos, asociacións, ONGD, sindicatos, partidos políticos e persoas individuais que ten por obxectivo mobilizar á cidadanía galega na defensa dos dereitos das persoas refuxiadas, informar sobre a súa realidade, denunciar a política migratoria da UE e incidir politicamente nas administracións.