Fame Cero: ecocidadanía global e agroecoloxía escolar na rede de centros educativos rurais polo dereito humano á alimentación e o ODS 2 (ENREDA)

Proxecto EPD 2025 en Galicia

Proxecto de hortas ecodidaticas de Manos Unidas Galicia coa colaboración formativa e investigadora do Grupo SEPA da USC.

Fame Cero

O proxecto desenvolve a primeira fase dunha intervención trienal (2025-2028) en Educación para o Desenvolvemento e a Cidadanía Global, impulsada por Mans Unidas e o grupo SEPA-Interea da USC, centrada no dereito humano á alimentación e o ODS 2 “Fame Cero”. A iniciativa abrangue seis centros rurais de infantil e primaria con hortas ecodidácticas dinamizadas por Hortaverso, integrando sensibilización, formación, investigación e traballo en rede. A intervención busca fortalecer o papel do profesorado e das comunidades educativas para acadar a autoxestión das hortas, promover o intercambio de experiencias a nivel local e global, e dotar de ferramentas pedagóxicas que permitan replicar o modelo noutros centros. Participarán 70 docentes e 750 estudantes, contando coa colaboración de especialistas en agroecoloxía e consultoras externas. O proxecto inclúe doce actividades que abranguen a xestión produtiva e pedagóxica das hortas, accións formativas para alumnado e profesorado, encontros de intercambio con centros do Sur Global e webinarios con expertos, así como avaliacións externas e unha liña de base metodoloxicamente supervisada pola USC. O seu deseño responde a unha identificación participativa, garantindo coherencia cos plans de cooperación galega e española, e aposta por unha educación transformadora que fomente unha cidadanía crítica e comprometida co dereito á alimentación.

Para que Manos Unidas pueda llevar a cabo proyectos como este.

Dona

También te puede interesar

Suscríbete a la newsletter

Informarse es el primer paso para actuar.

Suscríbete